Thursday 19 de September de 2024

Martínez Acón ve primordial o movemento asociativo para construír cidade


 

A concelleira de Innovación interveu esta mañá na celebración dos sétimos premios Cogave (Confederación Galega de Asociacións Veciñais Rosalía de Castro), que tivo lugar en Palexco

A concelleira de Innovación, Eva Martínez Acón, participou este mediodía en Palexco no acto de entrega dos sétimos premios Cogave, cos que a Confederación Galega de Asociacións Veciñais Rosalía de Castro quixo agradecer o labor social de distintas persoas e entidades. A edila felicitou ao colectivo por poñer en valor aos que tratan de mellorar a sociedade porque “as cidades non medran se detrás non hai un movemento veciñal forte, sen unha alianza entre as administraciones públicas e a cidadanía”.

Por iso, sinalou que o Goberno local non quere estar á marxe de asociacións como Cogave, que leva anos sendo unha vía directa coa veciñanza: “Somos un concello aberto, onde a propia alcaldesa é a responsable da área de veciñas e veciños e barrios”. Martínez Acón lembrou que “o noso labor é escoitar as vosas demandas para conseguir servizos e maiores oportunidades. O equipo municipal é consciente que para construír unha sociedade máis xusta, solidaria, unha cidade que se preocupa polos seus maiores, polas mulleres e inmigrantes que chaman a nosa porta, debemos camiñar do voso lado”. Engadiu que iso o sabe Adcor, un dos colectivos premiados, que xunto ao resto coinciden en realizaren un traballo desinteresado: “Espero que este encontro, esta reunión na que recoñecedes o esforzo de todos eles sirva de impulso para manter vivo o espírito fundacional de Cogave, que non é outro que o de defender unha sociedade mellor”.